actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Manuel Olveira "Pico" Gallardo, nado en Creo (Esteiro, Muros) o 7 de setembro de 1955 e finado en Santiago de Compostela o 13 de xuño de 2013, foi un actor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1955 Creo, España |
Morte | 13 de xuño de 2013 (57 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Período de actividade | 1972 - 2013 |
Comezou a traballar no teatro en 1972 na compañía de teatro afeccionado Ditea, onde permaneceu ata 1984. Ao ano seguinte, en 1985 comezou a súa colaboración co Centro Dramático Galego, co que chegou a participar en moitas das súas producións dos anos oitenta e noventa. Entre os seus últimos espectáculos figuraron Aeroplanos, da compañía Lagarta Lagarta, xunto a Ernesto Chao e baixo a dirección de Rosa Álvarez, ou O florido pénsil (2011).
Porén fíxose sobre todo coñecido para o gran público galego polas súas intervencións en series de moita audiencia coma Mareas vivas onde interpretaba o crego don Amancio, Pratos combinados, onde encarnaba o avogado Pedro Barreiro, ou en Padre Casares, onde exercía o papel de bispo.
En cine cabe salientar a súa colaboración en títulos tan importantes coma Mar adentro (2004) ou Os xirasoles cegos (2004), así coma noutras producións galegas de éxito coma Blanca Madison (1998), A vida que che espera (2004), O ano da carracha (2004) ou Máis ca irmáns (2005).
Entre 2009 e 2011 foi o presidente da Academia Galega do Audiovisual.
Puxéronlle Pico de neno pola forma do nariz[1]. Durante uns anos viviu como cantante de orquestra.
Faleceu por causa dun cancro que o obrigara a retirarse dos escenarios en 2012.
Ademais da súa traxectoria amadora co grupo Ditea, actuou en, entre outras,[2]
Polo seu labor como actor obtivo seis dos máximos premios do cine e do teatro galegos. Así, no cinema obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria por Os mortos van á présa en 2009, galardón que repetiu en 2010 pola súa interpretación en Retornos. Foi ademais nomeado nesa categoría en 2002, por Entre bateas, en 2003, por Blanca Madison, mentres que en 2011 foi nomeado por Doentes, na categoría de mellor interpretación masculina.
Tamén obtivo tres premios María Casares ao mellor actor protagonista nas producións teatrais Si o vello Sinbad volvese ás illas... (2000), Binomio de Newton (2003) e Kafka e a boneca viaxeira (2013). Foi o único actor galego que obtivo tres galardóns María Casares ao papel protagonista. Ademais, obtivo un María Casares ao mellor actor secundario polo seu papel no Calígula.
No verán do ano 2010 entregou o premio "o máis teatreiro" na honra do coñecidísimo mestre Xosé Agrelo Hermo, no Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, o seu pobo natal.
No 2012 obtivo o Premio da Crítica Galicia de Artes Escénicas e Audiovisuais.
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actor secundario | Entre bateas | Nomeado |
2003 | Mellor actor secundario | Blanca Madison | Nomeado |
2008 | Mellor actor secundario | Os mortos van á présa | Gañador |
2010 | Mellor actor secundario | Retornos | Gañador |
2011 | Mellor actor | Doentes | Nomeado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.